top of page
Que son?

a Pantalla.

Tódolos pobos, dende os primeiros tempos, necesitaron persoas con poderes especiais, que soubesen interpretar os misterios que o home non alcanza a comprender racionalmente. A estas persoas atribuíanselles uns poderes máxicos que facían posible a fertilidade das terras e a conxunción das forzas cósmicas.

A Pantalla é herdeira destes rituais máxicos, xa que, como sostén algún estudoso, nas súas orixes personifica un macho cabrún veludo que fecunda ás mulleres. Este rito de fertilidade mantívose a través dos tempos, e coñécese hoxe co nome de sufaldreo. A Pantalla aborda as mulleres con delicadeza, emitindo un son ronronante; efectúa un baile galante e, coas vexigas (hai anos portaba tamén un vergallo), símbolo de fertilidade, fai o aceno de lles erguer a saia.

E nese contexto e cara eses obxectivos traballa a Asociación Cultura A Pantalla, para compaxinar modernidade con tradición e contribuír por encima de todo á conservación e a divulgación do noso patrimonio.

​

As Pantallas saen ás rúas e sobre elas estenden o seu reino. Van en grupos reducidos, que se relacionan entre si, creando danzas rituais que conforman unha atmosfera propia.

Representan o poder, reclaman o respecto dos outros, pero non vasalaxe. Representan a superioridade de quen está máis alá do "normal", de quen transcende a realidade. A Pantalla é un tanto fachendosa, pero nunca irrespectuosa; un tanto transgresora, pero nunca provocadora; un tanto enérxica, pero nunca violenta.

A Pantalla a é o símbolo de identidade máis significativo do patrimonio cultural de Xinzo de Limia, do que hoxe podemos gozar grazas ás persoas que souberon recoller as nosas tradicións, conservalas e transmitilas con agarimo de xeración en xeración.

Os anos pasan e os tempos mudan. Na década dos oitenta, a festa das festas entra nun desmesurado proceso de masificación debido ós medios de comunicación e do credo consumista da sociedade de fin de século. 

​

Posteriormente empezouse a albiscar un “rexurdimento desbocado” que puido levar por diante máscaras, ritos e tradicións ancestrais.

Esta situación reclamou e reclama un esforzo por procurar solucións innovadoras que fagan perdurar os valores tradicionais do entroido rural na sociedade do novo milenio. 

E nese contexto e cara eses obxectivos traballa a Asociación Cultura A Pantalla, para compaxinar modernidade con tradición e contribuír por encima de todo á conservación e a divulgación do noso patrimonio.

jmdobarro 02.JPG
a máscara

a Máscara.

O ser humano sentiu dende sempre a necesidade de enmascarar, de realizar rituais e exaltacións culturais das súas vidas, dos seus costumes,  independentemente da época histórica e dos seus lugares de orixe.

En Xinzo de Limia (Galiza), o Entroido continúa a súa travesía, no río do tempo, atesourando no seu interior unha enorme riqueza de ritos e tradicións que cada ano, cal máxico lume purificador ilumina as vidas dos seus habitantes por uns breves e inesquecibles instantes.

Dende a noite dos tempos, A PANTALLA, tivo reservado un lugar privilexiado no entroido da capitalidade do antigo mar de Antela.

Como mostra senlleira da cultura popular local, os elementos que configuran a máscara singular  e os segredos do seu comportamento e dos rituais que ela executa, fóronse transmitindo de xeración en xeración como un patrimonio colectivo.

Máscara única e exclusiva do Entroido de Xinzo de Limia.

A Pantalla sae ás rúas e sobre elas estende o seu reino, a máscara foi investida dunha misión protectora da colectividade contra das malas influencias. Encarnan ós antepasados, ós seres do máis aló, ó outro mundo que nun tempo límite se mestura co mundo dos vivos.

Van en grupos reducidos, que se relacionan entre si, creando danzas rituais que conforman unha atmosfera propia. 

​

Representa o poder, reclama o respecto dos demais pero non vasalaxe, representa a superioridade do que está máis alá do normal, do que transcende á realidade. 

É un tanto fachendosa pero nunca irrespectuosa, un tanto transgresora, pero nunca provocadora, un tanto enérxica pero nunca violenta.

Móvense con prestancia, acompañando sempre ó son das chocas, campaíñas e axóuxeres, marcando un ritmo vibrante e enérxico que identifica a mestría da persoa portadora da máscara, as chocas simbolizan afastar ós malos e perigosos espíritos. 

A relación cos veciños está chea de matices difíciles de apreciar para os foráneos, os cales observan con moita atención; a pantalla recoñece, desafía, comparte, anima, recompensa…

As pantallas diríxense cara aquelas persoas coñecidas que cometeron a herexía de non participar activamente no entroido e saíron a rúa sen disfrazar, padecendo así a súa acometida.

A máscara reforza os lazos da comunidade, para calquera veciño ou veciña é unha honra que unha Pantalla o recoñeza. A Pantalla manifesta a súa estima mediante unha danza de recoñecemento. O homenaxeado agradece a distinción invitando as Pantallas na taberna máis próxima.

As persoas que se encascaran de tan singular traxe, perden a súa identidade, desaparece o individuo para dar vida o colectivo.

Teñen o privilexio de representar a toda unha comunidade e actúan no nome dela, velaí a súa responsabilidade.

A Pantalla é o símbolo de identidade máis significativo do patrimonio cultural de Xinzo de Limia. 

A Pantalla divírtese, corre, troulea, salta, brinca e sobre todo, sufaldrea.

IMG_1373.jpg

As Pantallas como encargadas da orde nos días do Entroido, buscan ós veciños que cometeron a herexía de saíren á rúa sen se disfrazar.

 Se é muller, achéganselle, brincando, bailando diante dela e sufaldreándolle.

 Se é home, como seguramente é un amigo, sentirase orgulloso de que o condenen a pagar uns viños na tasca máis próxima. As Pantallas, agradecidas, botaranlle unha cantiga.

Que non debe facer una Pantalla

- Abordar ou molestar as persoas descoñecidas e forasteiras.

- Descubrir a cara (só o fai dentro das tascas).

- Pedir cartos (non é pobre para pedir esmola)

- Bater coas vexigas na xente.

- Romper botellas e vasos na rúa.

que fai unha Pantalla?

 

que non debe facer unha Pantalla?

qu fai unha Pantalla?
1611539306136 (1).jpg
elementos do traxe

elementos do Traxe

clica en cada parte do traxe para ver a descripción

bottom of page