top of page
alfonso8.tif

Quen somos?

A Asociación Cultural "A Pantalla" naceu en Xinzo de Limia no Entroido do ano 1996. A nosa finalidade é a protección, promoción e difusión do noso símbolo de identidade cultural máis significativo, a Pantalla. Dende a creación desta asociación leváronse a cabo:

 

- Campañas informativas dirixidas á xente nova.

- Charlas, coloquios e obradoiros para a confección da máscara e os elementos tradicionais propios da Pantalla.

- Colaboración con técnicos que neses intres traballaban no MUGAE (Museo Galego do Entroido) que posteriormente ficaría nesta vila.

- Ofrecer os veciños e veciñas un local no que teñan cabida todas as actividades propias e enriquecedoras do Entroido.

- Que todos os elementos culturais "vivos" poidan ser recollidos e catalogados dentro dun proxecto científico e etnolóxico.

- Trasmitir e fomentar o significado profundo que ten o noso Entroido e procurar que a xente saiba respectar o papel da Pantalla e a súa enorme trascendencia cultural.

- Rescatar a memoria histórica, relacionada co tempo de Entroido, mediante a recuperación de tradicións perdidas ou esquecidas tanto orais coma escritas.

- Recuperación do elementos propios da Pantalla que polo paso do tempo foron quedando en desuso, así como diferentes padróns de capas, polainas, cintos, faixas...

 

Nese momento o labor que esta asociación facía era moi necesaria e urxente polo masificación que comezaba a sufrir o Entroido de Xinzo durante as últimas décadas e que estaba tendo como consecuencia que os valores primordiais, que dende sempre definiron e caracterizaron o comportamento da nosa máscara, se foran desvirtuando. O importante e o máis pura da Pantalla estábase a esquecer, mudando en variedades de persoaxes, moi distanciados do que realmente respresenta e supón a máscara limiá.

 

Ante esta nova situación, a asociación promove e fixa uns novos obxectivos que deben ser conseguidos de maneira prioritaria, centrados principalmente en:

 

- Campañas informativas con material didáctico para dar a coñecer tanto o comportamento coma os elementos que conforman a máscara.

- Elaboración dun arquivo con contidos e materiais relacionados directamente co Entroido.

- Realización de obradoiros para a confección da máscara e da súa indumentaria.

- Exposición monográfica sobre o Entroido de Xinzo.

- Elaboración dun documento gráfico que sirva de medio didáctico para dar a coñecer o significado profundo e os valores culturais da Pantalla.

- Continuar a colaboración cos responsables técnicos do MUGAE.

Quen somos?
respecto.jpg

Os nosos fins.

Despois de moitos anos traballando duramente na consecución destes obxectivos, a Asociación Cultural A Pantalla comeza en abril do 2017 un novo rumbo.

 

Renóvase a directiva realzando de novo o labor da asociación, ampliando o número de socias e socios e reconducindo unha vez máis o traballo para acadar os obxectivos xa mencionados e ampliando os campos de actuación.

 

Establécense nese momento uns fins por encima de todo:

 

- Protección, formación, promoción e difusión das tradicións das máscaras e do Entroido limiao.

- Desenvolver actividades socio-culturais dirixidas aos distintos colectivos da zona, sen interese político nin lucrativo algún, para manter e recuperar o Entroido máis tradicional.

- Sensibilización cara o respecto do Entroido tradicional e as súas máscaras como base da súa convivencia.

 

Este novo período que vive a asociación está cargado de actividades e novas iniciativas, que se desenvolven en diferentes campos e ámbitos de traballo, para chegar a trasmitir a verdadeira esencia de ese Entroido máxico e tradicional que herdamos dos nosos antepasados.

 

Recollendo palabras de Castelao: "A verdadeira tradición non emana do pasado, non está no presente, nin se alvisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición é a alma eterna de Galicia, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a historia. A tradición é a eternidade e revélase no idioma, no espírito, na cultura, na arte , no xeito de vivir e pensar".

os nosos fins
2019-fareleiro-11.jpg

Polo mundo.

Neste mundo máxico de cores e sons, a Asociación A Pantalla comparte escenario con outras tradicións e traxes ancestrais que se espallan por toda a xeografía.

 

Un punto de conexión especial que leva as diferentes culturas a coincidir na exaltación, defensa e orgullo cara as diversas máscaras e personaxes que aparecen na escena das festividades de cada pobo.

 

Con relación a este paradigma tan amplo de culturas, a Asocaicion A Pantalla leva participando dende fai tempo, en multitude de eventos que reúnen traxes e máscaras de distintos lugares, en desfiles e xornadas de convivencia nas que mesturan multitude de identidades.

 

Nos últimos anos compre destacar algunhas saídas e viaxes, algunhas dentro do territorio español, e outras abrindo camiño cara o exterior, como poden ser as realizadas a diferentes localidades do sur de Francia, as illas Azores, a Lisboa, Oporto, Braga, Madrid, Valencia, Bilbao, Barcelona, Zamora, Sanabria, Teguise, etc.

polo mundo
bottom of page