top of page

O ciclo do Entroido.

Xa di o refraneiro popular que “As festas queren vésperas”, de isto entenden ben na Limia, xa que posúen o Ciclo de Entroido mais longo de España.

Pódense distinguir varios momentos moi importantes que marcan esta festividade: o domingo fareleiro, domingo oleiro, domingo corredoiro e domingo de entroido.

Contan na vila que antes moitas das mofas e feitos destes días, non se concentraban dun xeito tan pechado como tal, senón que se estendían durante toda a semana…

Pódese datar polos anos setenta o momento no que se organiza así deste xeito, posto que tal e como cambia a sociedade tamén modifican as súas celebracións, e isto é un bo reflexo.

o Fareleiro

o Fareleiro.

A primeira celebración que abre este máxico Entroido, é o domingo Fareleiro, no que as bromas con fariña e farelos son o centro do festín. O pobo tínguese de branco, xente de todas as idades, enche as rúas da vila, portando grandes cantidades de fariña ou farelo.

​

En anos pasados, incluso se utilizaba cinsa, e este tipo de mofa e xogo veciñal, duraba toda unha semana, incluso nos días de Entroido, a xente seguía con esta práctica.

o Oleiro

o Oleiro.

A seguinte cita é o Oleiro, caracterizado polo xogo das “olas”; esta actividade tan visual que reúne unha gran cantidade de xente que ven a observar como os/as participantes lanzan a diferentes distancias un gran número de olas de barro, tamén ten unha orixe interesante. 

​

Antigamente só se podían lanzar as olas que quedaran vellas ou medias rotas durante o ano, e os mozos andaban en procura delas para poder deleitarse e gozar con este xogo popular.

o Corredoiro

o Corredoiro.

O seguinte domingo, era o Corredoiro, que xa é a entrada do Entroido, ese día tan especial, recordan na vila, coma aquelas persoas moi “entroideiras”, saían as rúas  facendo  pequenas comedias e interpretacións, as cales estaban marcadas de esa retranca galega tan peculiar.

​

Hoxe en día tamén é unha cita ineludible no calendario do Entroido desta vila, xa que é a estrea da súa figura principal, A Pantalla.

 As rúas comezan a encherse dende a mañá cedo de sons e colorido que conflúen nunha atmosfera máxica, que fan que ata o mais impasible se lle arrepíe o corpo, observando o danzar da “raíña” do Entroido de Xinzo de Limia.

o Entroido

o Entroido.

Despois dunha semana, chega o domingo de Entroido, con días cheos de troula e música que rematarán no martes de Entroido.

​

A todo este ciclo inicial, que tampouco era tan cerrado como agora, fóronse engadindo co tempo outro tipo de celebracións e momentos que tamén conforman a nebulosa máxica e marabillosa que é o Entroido de Xinzo de Limia.

​

Unha delas é a coñecida e cada vez mais grande “Procesión do Meco”, esta celebración ten lugar o sábado previo ao Domingo Oleiro e do que falaremos o final de todo.

a Piñata

a Piñata.

O últim día do ciclo tradicional do Entroido de Xinzo de Limia é o Domingo de Piñata, xa entrado na Coaresma e logo do Mércores de Cinsa.

​

Este día levase convertendo nunha sorte de día para os máis cativos, onde os xogos e a música de adica os máis cativo.

​

Pero fai xa uns cantos anos tamén se converteu nun dos días ponde máis Pantallas san a rúa por ser un día perfecto para elas xa que non hai tanta xente na rúa como nos días propios do Entroido.

​

Ademais, dende fai ben pouco é común que aquela xente que aínda aguanta ata o final da festa celebren o descolgamento do Meco, pondolle fin, esta vez de verdade, o Enrtoido de Xinzo de Limia, case despois dun mes ininterrompido de festa.

o Colgamento do Meco.

O actual Colgamento do Meco recupera unha tradición dos veciños de Baronzás que tódolos anos no Entroido formaban unha comitiva para traer un Meco dende Baronzás ata Xinzo. O Meco viña nun carro enfeitado con xestas e fentos (a importante presenza da natureza). Viñan vestidos con roupa de traballo do campo e traían apeiros e ferramentas de traballos da terra. Algúns tamén viñan con fentos e xestas.

​

Agora, ao solpor do sábado anterior ao Domingo de Oleiro, a Asociación A Pantalla organiza a Comitiva do Meco que percorre as rúas de Xinzo de Limia recreando este acontecemento.

o Colgamento do Meco
bottom of page