top of page
"O Legado" - Asociación Cultural "A Pantalla"
A Pantalla Asociación Cultural

"O Legado" - Asociación Cultural "A Pantalla"

a Asociación.

A. C. A PANTALLA

A Asociación Cultural "A Pantalla" naceu en Xinzo de Limia no Entroido do ano 1996. A nosa finalidade é a protección, promoción e difusión do noso símbolo de identidade cultural máis significativo, a Pantalla.

 

Despois de moitos anos traballando duramente, a Asociación Cultural A Pantalla comeza en abril do 2017 un novo rumbo.

 

Renóvase a directiva realzando de novo o labor da asociación, ampliando o número de socias e socios e reconducindo unha vez máis o traballo para acadar os obxectivos xa mencionados e ampliando os campos de actuación.

 

Este novo período que vive a asociación está cargado de actividades e novas iniciativas, que se desenvolven en diferentes campos e ámbitos de traballo, para chegar a trasmitir a verdadeira esencia de ese Entroido máxico e tradicional que herdamos dos nosos antepasados.

 

Recollendo palabras de Castelao: "A verdadeira tradición non emana do pasado, non está no presente, nin se alvisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición é a alma eterna de Galicia, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a historia. A tradición é a eternidade e revélase no idioma, no espírito, na cultura, na arte , no xeito de vivir e pensar".

  • Facebook
  • Instagram
Pantallas de Xinzo de Limia
sentimento.jpg
bottom of page